16/06/17

Xabier P. Docampo na nosa Xanela

Mostrando 20170613_102458.jpg
Os nenos de 5º e 6º estiveron a ler durante este trimestre "A illa de todas as illas" de Xabier P. Docampo. Nesta historia, tres rapaces chegan cos seus pais a unha illa que non ten nome, pero á  que todos chaman A Navalleira. Os mariñeiros contan que se escoitan voces e que a habitan seres como os das ilustracións dos libros antigos. Simón, Serafín e máis Sara percorrerán esta illa e descubrirán algúns dos seus segredos.
Despois de ler a historia e de celebrar a xa nosa habitual tertulia literaria, tivemos ademais a sorte de contar coa visita do autor que nos falou dunha chea de cousas relacionadas co seu libro, coa vida, coa sociedade... Todos o escoitamos abraiados polo que nos contaba e hipnotizados polas súas historias. Tamén nos amosou os seus tesouros e nos explicou por que para el son tan importantes estas aventuras que transcorren en illas: Robinson Crusoe, Venres, A illa misteriosa, A illa do tesouro...  Canto nos queda aínda por ler!
Foi un pracer e un honor contar coa presenza deste autor tan importante no panorama  literario galego. Moitas grazas!
Mostrando 20170613_114430.jpgMostrando 20170613_103213.jpg

3 comentarios:

  1. Carlos de 5º13:28, 22/06/17

    A súa charla foi xenial.

    ResponderEliminar
  2. susana 5º13:33, 22/06/17

    Encantoume ver a Xabier P. Do Campo. Foi moi interesante todo o que nos dixo.

    ResponderEliminar
  3. Noa Villaverde 5º13:34, 22/06/17

    ´´A illa de todas as illas`` é unha novela moi divertida,e, polo tanto cando veu o autor pasámolo moi ben.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!