19/06/17

Aplaudan, exclamen, animen, berren!

En "A raíña de Turnedó", a lectura que nos fixeron estes días un grupo de alumnas de 5º curso, a participación do público é fundamental para acompañar aos fantásticos personaxes desta divertida corte real. Os nenos de 4º e 5º, asistentes a esta nova sesión de lectura en voz alta, disfrutaron moitísimo con esta historia.
A autora do libro é Gloria Sánchez e as ilustracións son de Pablo Otero. Está editado por Kalandraka. Tédelo á vosa disposición na biblioteca Xanela.
Mostrando 20170616_121642.jpgMostrando 20170616_120806.jpg

4 comentarios:

  1. lucia bedoya 5º13:27, 22/06/17

    Esta lectura foi moi divertida as lectoras presentaronse de forma moi divertida e interesante.

    ResponderEliminar
  2. Noa Villaverde 5º13:29, 22/06/17

    Eu son unha das lectoras, e a verdade o público atendeu moito e tamén disfrutou moito.

    ResponderEliminar
  3. susana 5º13:37, 22/06/17

    Este conto gustoume moito, sobre todo por que o leron as miñas compañeiras de clase.

    ResponderEliminar
  4. Xiana Vázquez Mosquera13:43, 22/06/17

    Eu só vos vou dicir que leades na biblioteca Xanela.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!