18/05/17

Unha semana chea de... LETRAS!

Estes días non se para polo colexio! Todo ferve, todo se move... e todo en galego!
Como ben sabedes, este ano o día das Letras Galegas está adicado a Carlos Casares. Navegade polos enlaces para descubrir máis cousas sobre el e tamén sobre este día tan especial.
No colexio hai moitas actividades ademais das lecturas en voz alta habitual. As paredes enchéronse coas imaxes dos libros de Casares, a súa cara nos acompaña ata cando subimos as escaleiras..
O pasado martes os alumnos de 5º de Educación Primaria, nunha xornada maratoniana, leron para todo o colexio unha das obras máis coñecidas do autor homenaxeado, "As laranxas máis laranxas do todas as laranxas".  Foi unha lectura dramatizada que trouxo á nosa biblioteca  a Elías, Anxa, o veciño da escopeta, a veciña desdentada... Moito disfrutamos!

Os alumnos de 2º tamén leron para os cursos de 2º e 3º a obra "Lolo anda en bicicleta".
Outra das actividades que andamos a preparar é a representación teatral dunha adaptación de "A galiña azul", outra das obras de Carlos Casares. Será este venres, estade moi atentos, e participan alumnos de todas as clases.
E polo barrio tamén houbo unha chea de actividades. Quen foi á Foliada das Letras no Campo da Leña? Alí tamén disfrutamos unha barbaridade escoitando a Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre.
E vós? Sabedes dalgún outro evento? Contádenos!

5 comentarios:

  1. Carlos de 5º13:51, 18/05/17

    Foi unha lectura moi bonita.

    ResponderEliminar
  2. Ola! Son Susi, eu lin o conto de "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas"
    Eu non fun a Foliada das Letras no Campo de Leña, pero alguén sabe?? E que gustaríame moito saber como foi por se o ano que ven o volven facer... A min gustaríame ir!
    Moitos Bicos, Susi.

    ResponderEliminar
  3. As laranxas mais laranxas de todas as laranxas estivo moi ben pero....
    Non falta un grupo?
    sera que ten medio olvido.

    ResponderEliminar
  4. lucia bedoya 5º13:50, 25/05/17

    Ola son Lucía,eu participei lendo as acotacións do conto `As laranxas mais laranxas de tódalas laranxas .Ainda que estaba un pouco nerviosa foi unha experiencia moi bonita e divertida .Sobre todo inolvidable.

    ResponderEliminar
  5. Noa Pardiñas =)11:00, 16/06/17

    Espero que vos gustara =)

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!