05/05/17

Mamá, ti si que me entendes!

Resultado de imagen de ti si que me entendes
Que mellor forma de celebrar o Día da Nai que contando un conto?
Iso foi o que fixemos hoxe na Biblioteca Xanela, contar un conto para descubrir ese equipo tan importante que formamos os fillos coas nosas nais.
O título seleccionado foi "Mamá, ti si que me entendes", de Teresa Moure e coas marabillosas ilustracións de Leandro Lamas.
A lectura foi da man de Carla, Noa V. e Susana, de 5º curso, que nos deleitaron cunha fantástica posta en escea a través das marionetas confeccionadas por elas mesmas.
Noraboa ás lectoras!
E recordade dicirlles canto as queredes e darlles moitos bicos ás vosas nais todos os días, pero especialmente este domingo!

4 comentarios:

  1. Ola, son Susi de 5º. Fun unha das que leu o conto de "Mamá, ti si que me entendes"
    A min gustoume moito... Animovos a ler algunha vez por que é moi divertido, eu xa lín moitas veces pero é unha experiencia única.

    ResponderEliminar
  2. lucia bedoya 5º25/05/17, 13:54

    Ainda que non vin a lectura porque era para outros cursos pareceume e creo que foi moi divertida porque nolan lerón na clase.

    ResponderEliminar
  3. Carla Gómez 5º16/06/17, 10:53

    Que día mais maravilloso e co conto ainda mellor.
    Desexo moita sorte a todas esas nais favorecidas.

    Bicos Carla Gómez Iglesias de 5º

    ResponderEliminar
  4. Carmen Morandeira Cibeira16/06/17, 10:55

    Foi un conto moi divertido lido por unhas nenas moi boas lendo poreso me gustou .

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!