15/01/16

Comezamos as lecturas en voz alta 2016 cunha gran historia e dúas fantásticas contacontos!

COMEZAMOS AS LECTURAS EN VOZ ALTA DE 2016!!!!
Despois de días con chuvia intensa, o inverno deunos hoxe un pequeno respiro. 
Pasámolo en grande con dúas pequenas pero enormes contacontos! Noa e Noa, un pracer escoitarvos!!!
As nosas contacontos escolleron Paco Trolas. É un conto cheo de fantasía pero tamén de realidade, o punto exacto para saber diferenciar o real do imaxinario sen perder nin un chisco de creatividade!!!









07/01/16

Comezando 2016!!! Con apertas, positivismo e enerxía!!!

Benvidos ao novo trimestre! Chegou xa o verdadeiro inverno, unha época fantástica para gozar dunha boa lectura no sofá, coa manta e algo quentiño na mesa do lado... Va que si???

Velaquí algúns contos para antes de durmir, deses que te deixan cun soriso e doces soños... Para que comecedes o trimestre con positivismo e tenrura!!!



Captura de pantalla 2015-03-25 a las 20.37.08
Que sintes cando abrazas? Este león sinte...

Captura de pantalla 2015-03-25 a las 17.19.02
Emma pregúntase... Que é o amor??? E atopa respostas ben diferentes!
Captura de pantalla 2015-03-25 a las 17.21.36
Como é un bico? Lle pregunta un oso de peluche ao seu dono...
Captura de pantalla 2015-03-25 a las 21.57.48
Todos os días, ao erguerse, a nai de Violeta déixalle un bico na almofada...
Captura de pantalla 2015-03-25 a las 17.20.26
Ás veces ódiote e ás veces quérote... Mmm...