02/12/16

"A figueira de Pelostortos"

Leo, Enya, Helena, Xana e Elsa, de 3º de Primaria, foron os lectores da sesión de hoxe na biblioteca Xanela. Escolleron o título "A Figueira de Pelostortos" da autora Ana García Castaño e o ilustrador Mikel Mardones. Unha historia na que un home non quere compartir os seus figos con ninguén.

— Antes me leven as almas en pena 

que darvos un figo da miña figueira!

Se queredes saber como se soluciona este problema e nos fostes dos afortunados en escoitar a lectura, aínda estades a tempo, non tedes máis que pedir o libro en Xanela.


25/11/16

25 de novembro, Día pola Eliminación da Violencia contra a Muller

Hoxe conmemórase o Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller. Todos os medios de comunicación fanse eco desta data pero o importante é ser conscientes cada día de que todos somos iguais en dereitos. Para colaborar neste senso, Lucía Bedoya, Soraya, Noa Villaverde, Brais, Pablo Pérez e Carla, de 5º prepararon unha fantástica lectura dun libro titulado "Xela volveuse vampira!", de Fina Casalderrey. Os asistentes, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, estiveron moi atentos a un grupo de nenos e nenas que estaba moi preocupado polo que lle pasaba á súa profe Xela; en algunhas pasaxes tivemos que manter a respiración!
A lectura foi estupenda e o grupo de lectores, co seu bo facer, aprendeunos un pouquiño máis deste tema tan complicado da violencia contra a muller.
Se queredes saber máis sobre esta data, navegade polos enlaces. Tamén podedes consultar antigas entradas do blogue (etiqueta "muller").
E a vós, que vos pareceu?

24/11/16

REPORTERO DOC chega á nosa biblioteca

Dende hai uns días podedes disfrutar na nosa biblioteca dunha nova revista: Reportero DOC. Nela atoparedes  moitas reportaxes interesantes sobre diversos temas de actualidade.
 Non deixedes de botarlle unha ollada!
Se non a atopades, preguntade aos axudantes Xanela. Eles saberán informarvos.

23/11/16

Primeira tertulia literaria

Esta mañá os nenos e nenas de 5º nivel celebraron a súa primeira tertulia literaria deste curso. Levaban varias semanas lendo a obra "Bala Perdida" de Manuel Rivas e hoxe chegou o día de comentar a lectura entre todos: comentaron se lles gustou, por que, que partes lles gustaron máis ou menos, leron fragmentos que lles resultaran especialmente interesantes, falaron do argumento... En fin, unha chea de cousas sobre esta fantástica novela de Rivas ambientada en Atlán, no Reino de Galicia, na que un grupo de piratas, ao abordar un barco alemán, descobren un tesouro incrible. Pero o tesouro agocha un terrible segredo e para atopar unha solución contarán coa axuda de Ganso Salvaxe
A sesión resultou moi interesante aínda que quedaron moitas cousas por falar e investigar. Seguiremos informando!
Queres sabes máis da historia? Pois lendo o libro descubrirás moitas máis cousas. Atoparalo na nosa biblioteca!

07/11/16

Os Museos Científicos Coruñeses, de portas abertas!

Universidades e institucións de todo o mundo celebran estes días a Semana Internacional da Ciencia e a Paz, proclamada en 1988 por Nacións Unidas, e seguindo esta estela os Museos Científicos Coruñeses abren as súas portas durante toda a semana de forma gratuíta para que todos poidamos coñecer os seus contidos, exposicións temporais e propostas interactivas de divulgación.
A Domus, a Casa das Ciencias e o Aquarium Finisterrae son os tres centros que se suman á iniciativa.
Animádevos a visitalos en familia!
E non deixedes de contarlle a Lusca a vosa experiencia!

3, 2, 1... Comezamos as lecturas!

O pasado venres comezou unha das nosas actividades máis queridas e antiguas: a lectura en voz alta.
As encargadas de facer os honores nesta primeira sesión foron dúas alumnas de 5º curso: Lucía Bedoya e Carmen Morandeira. Leron para o alumnado de 1º e 2º de Primaria.
O libro escollido para a ocasión foi "O paraugas amarelo", un conto que nos fala do valor da diferencia e que lle dá máis importancia á creatividade que ás rutinas impostas.
Noraboa ás lectoras polo seu bo traballo!
E a vós... Que vos pareceu?

26/10/16

Un fantástico Día da Biblioteca!

O pasado luns foi un día moi importante no noso cole: a biblioteca Xanela abriu as súas portas
O acontecemento coincidiu coa celebración do Día da Biblioteca, data que non podíamos deixar pasar por alto. 
E alí, na Xanela, estiveron todos os nenos do centro para conmemorar tan importante día.
Xa sabedes que a biblioteca ten a capacidade de trasladarnos a lugares fantásticos e marabillosos pero tamén é unha estupenda máquina do tempo que nos pode levar a outras épocas. E iso foi o que sucedeu, trasladámonos aos anos cincuenta para escoitar un marabilloso conto radiado, tal como facían os nosos avós cando eran pequenos. Así que abrimos ben as orellas... pechamos ben a boca... e a maxia de Garavanciño invadiunos... fíxonos rir... emocionounos..
No seguinte enlace podedes escoitar de novo o conto e comentalo na clase: conto radiado.
Tamén tivemos a sorte de escoitar aos compañeiros de 6º, que nos agasallaron cunha peza musical, "Sueño celta". 
E para rematar temos un mural na entrada do cole con todas as vosas opinións sobre a biblioteca Xanela. Hai verdadeiras preciosidades e sobre todo moito traballo. Moitas grazas a todos!
Non vos parece un comezo espectacular?
Agora xa só nos queda visitar a diario a nosa Biblio! 
Esperámosvos!



24/10/16

Abrimos a Xanela!

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas. Imos aproveitar esta data tan significativa para abrir a nosa, Xanela.  Logo dun mes e medio preparando unha chea de cousas, Lusca tennos preparada unha bonita sorpresa, esperámosvos! Xa sabedes os horarios pola invitación que tedes na clase.

22/06/16

Os premios da Xanela 2016: rematamos o curso!

Hoxe, día 22 de xuño de 2016, rematamos o curso pero cunha fantástica feira con diferentes países representados no noso patio e... Os premios da Xanela!

Grazas a todos pola vosa participación excelente. A calidade dos traballos, a entrega aos debuxos e ilustracións cheas de detalles, a boa presentación en cada unha das categorías... Un orguio! Ao xurado resultoulle moi complicado seleccionar.
Noraboa aos premiados e premiadas, por suposto!

Vémonos en setembrooooooo pero...

RECORDADE:

 O mellor compañeiro do verán é un bo libro (dixital ou físico) pero un bo libro ;-)
Ata setembro!




20/06/16

Moitas grazas, AXUDANTES DA XANELA!!!

Como tería sido o curso sen os nosos Axudantes da Xanela? Imposible pensalo.
Grazas a todos por ter participado en cada unha das actividades, na organización e na xestión. Grazas pola meirande cantidade de participantes desde fai anos: 43 persoas de 5º e 6º de EP!Os nosos pequenos agasallos quédanse curtos fronte a todo o voso traballo!
Feliz verán a todos e a todase moi feliz comezo da etapa do "insti," axudantes expertos e expertas de 6º EP!
Milleiros de grazas.




20/05/16

Lectura 20 de maio: "María"



Hoxe  a Xanela encheuse!!! Noelia, Adrián e Kalina (de 5º de Primaria) fixeron unha divertida lectura en voz alta.
Escolleron un libro cheo de mensaxes de equidade e de axuda! 

Grazas aos tres!!!!






19/05/16

Que pensas da nosa biblioteca Xanela?


Desde a Biblioteca Xanela, gustaríanos que nos deixásedes as vosas opinións sobre este ano de biblioteca, para que o vindeiro sexa aínda mellor!
As vosas opinións e valoracións serannos de grande axuda!




17/05/16

Feliz día das Nosas Letras! Letras Galegas 2016!

Manuel María deixounos unha fermosa escolma de poemas cheos de saloucos, de enerxía, de reivindicacións, de loita, de temores, de xuizos, os sinais que como galegas e galegos nos identifican aló onde paremos... Un chisco da nosa lingua!
Tedes unha morea de libros fantásticos para disfrutar pero, como a poesía pode ser lida, cantada, teatralizada... 

Velaquí unha 

serie de cancións con letras do noso poeta homenaxeado. 

Grazas, Manuel María!!!



Manuel María na Xanela

13/05/16

Lectura 13 de maio: "A voda do galo Pinto"

Bo día a todos e todasssss!!!
Un día chuvioso... Perfecto para un bo libro!!!
Hoxe leron Lucía e Susana de 4º de Primaria.

Grazas ás dúas!




Por se queredes lelo e visualizalo, velaquí o vídeo do conto colgado desde a CRTVG.
                           



06/05/16

Lectura 6 de maio: Natalia, Yara e Candela

"El jardín del abuelo" 

Esta mañá Natalia, Yara e Candela, de 3º de Educación Primaria leron un conto tenro e fabuloso para ler en familia. Os recordos e a maxia da experiencia son parte do conto "El jardín del abuelo."
o autor: Lane Smith
Grazas ás tres pola escolla deste libro que, por suposto, recomendamos desde a Xanela.







Como sabemos que vos gustou, deixámosvos outro dos contos de Lane Smith, desta volta en vídeo:





Grazas, rapazas! Sodes unhas expertas lectoras!





29/04/16

Lectura 29 de abril: "Codrilo"

Hoxe rematamos a semana da man dunhas lectoras fantásticas. Xana, Helena, Enya e Amara leron un conto cheo de maxia e de humor: "Codrilo."
Foi unha lectura dramatizada que nos deixou a todos abraiados! Esperamos que repitades moitas veces máis!!!









video

21/04/16

A primeira lectura de 6º de Educación Infantil na nosa biblio!!!




Unha lectura de grande altura!!! GRANDE ACONTECEMENTO!!!

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil, leron onte día 20 e hoxe día 21 por primeira e segunda vez na nosa biblioteca!!!!

Están a traballar a Prehistoria, polo que escolleron "Croniñón" para deleitarnos!

Foi unha honra!!! Xenial!!!

Animádevos a ler moitas veces máis... Este é o comezoooo!!!



19/04/16

Víctor Tasende na nosa biblioteca

Hoxe, 5º e 6º de Educación Primaria tivemos a honra de coñecer de preto e disfrutar cun dos coachs máis actuais do momento: Víctor Tasende.

Víctor Tasende, http://www.victortasende.com/, é un dos exemplos máis grandes de superación cos que contamos na actualidade.
Agradecémosche moito que nos adicases un anaquiño do teu tempo entre Madrid, Suecia e outras partes do mundo. Por suposto, amais... Sorte e ánimo nos novos proxectos, sexa un Ironman, un WorldRun...

Quedámonos coa idea de: perseguir os nosos soños, os nosos obxectivos.
Se precisas unha dose de enerxía positiva, recomendámosche que leas o seu libro! Podes esbozar un soriso e entrar no seu novo proxecto "100thanks" Unha proposta para agradecer a quen queiras o que queiras. Animádevos!
Nós xa o fixemos: Víctor, G R A Z A S! 
;-)



18/04/16

Contos infantís: "El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha"

Semana do Libro 2016



Comezamos a Semana do Libro!!! As nosas Axudantes da Xanela, Noelia e Kwayetcha (de 5º de EP) leron con moitísima enerxía un conto escollido por elas mesmas para dar comezo á Semana do Libro no noso cole! Foi unha lectura dramatizada adicada ao alumnado de Educación Infantil. Fantásticas lectoras e fantástico público!

 

13/04/16

A crise dos refuxiados: charla de D. Alfonso Mascuñana

Despois de traballar durante todo o curso os conflitos actuais no mundo, hoxe fixémolo pero dun xeito diferente. No día de hoxe, as alumnas e alumnos de 5º e 6º de EP tivemos a oportunidade de coñecer de cheo o conflito que está a remover conciencias en Europa: a crise dos refuxiados procedentes de Siria. 

Alfonso Mascuñana, profesor e voluntario, achegounos á realidade da situación en Grecia, especialmente na illa de Lesbos. 
 Moitas grazas, Alfonso! 
Noraboa a todos os voluntarios que axudan no terreo e a aqueles que, desde a distancia, intentaremos poñer a nosa miguiña!





02/04/16

Abril: mes da lectura!!!!



Resultado de imagen de día autismo

Hoxé é venres día 1 de abril pero mañá, día 2...

É o Día Internacional do Libro Infantil e tamén o Día adicado ao autismo. 

Por iso, para celebralo, toda a clase de 3º de Educación Primaria, coa súa profe Geni ao seu carón deleiráronnos cunha lectura escenificada do manifesto deste ano: "Érase unha vez..."

Grazas a todos por facernos disfrutar e encher a biblioteca de doses de enerxía positiva!!! A disfrutar cos libros, polo día, pola noite, á merenda... ;-)



25/03/16

Lecturas para rachar roles "O príncipe Ceniciento"

Neste mes adicado á muller, Héitor, Aitana e Uxía, de 5º de Educación Primaria e fantásticos Axudantes da Xanela, leron e escenificaron con gracia e bo humor un conto para pensar: 

"El príncipe Ceniciento"


Grazas aos tres!!!





08/03/16

Mes da muller

Comezamos Marzo. 

Desde a nosa escola e especialmente desde a biblioteca adicamos este mes á muller.

Temos programados para este mes lecturas todos os venres adicados á equidade entre mulleres e homes.

 Amais, para conmemorar o martes 8 de marzo 

"DÍA INTERNACIONAL DA MULLER": 

- Charla da campiona de Rugby feminino Mónica Castelo Mejuto (CRAT A Coruña) para 5º e 6º de EP. Grazas, Mónica!!!

Sabedes que as xogadoras da selección de Rugby feminino non cobran o mesmo que a selección masculina? Sabedes que estas primeiras son as que teñen o mellor palmarés deportivo na súa disciplina? Que pasa? Que ocorre? IGUALDADE!!!

Mónica Castelo Mejuto


Lectura de hoxe adicada ás MULLERES: da igual alta ou baixa, morena ou loira... Podes ser canto queiras ser!

Grazas aos Axudantes da Xanela, Noelia, Cristian e Sofía!!!
Como eles engadiron: "Todos os días son 8 de marzo"







Actividades sobre mulleres pioneiras de todos os séculos: CORTIZA DA BIBLIOTECA.



    Actividades LIM para Educación Infantil.


Pincha na foto para entrar

      Actividades LIM para 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria. 


 Dia Muller

Para acceder aos recursos, é preciso entrar como convidado.



www.pinterest.com


   










 

26/02/16

Emocionario... A emoción en cada verba de Sofía e Iria

Sabes como te sintes? Secadra cando te sintes "ben" é máis doado pero... Pasa o mesmo cando te sintes "mal"? 


Hoxe Sofía e Iria fixéronnos reparar nesas emocións que revelan o que somos e o que pasa polo noso interior: a tristura, o amor...

As loanzas a esta fermosa lectura foron ben merecidas polo voso traballo, pola posta en escena e polo grande entusiasmo! Moitas grazas ás dúas!


19/02/16

Lectura de 19 de febreiro: "Me gustan los monstruos"

Me gustan los monstruos


Despois de escolitalos... Quen non vai querer un!!! 
Grazas, rapaces!!!


Velaquí unha pregunta interesante: 
Credes nos monstruos?
Eh? Que non existen? Mmmm...
Yago, Kiran e Martín, de 3º de Educación Primaria non están tan seguros...
Hoxe dedicáronnos uns minutos na Xanela para contarnos o conto 

"Me gustan los monstruos"







12/02/16

Lectura de 12 de febreiro: "O coello Federico"

O coello Federico

Non nos importa que chova, que neve ou ventisque... A Xanela sermpre está aberta en cada recanto do cole!


Rosa e Brailín, de 2º de Educación Primaria, tiñan moitas ganas de ler. Así que con enerxía e humor dedicáronlles aos seus compañeiros e compañeiras de 1º de EP un conto con encanto... 
"O coello Federico"


É un gran libro pero lido por estes dous pequenos e doces lectores, aínda mellor!
Grazas aos dous!!! Repetide moitas veces máis!!!