17/12/15

Feliz Nadal e comezo de 2016!!!

Chegan as vacacións, ben merecidas e ben esperadas! ;-)
De seguro que pasaredes estas datas na mellor das compañas pero, como xa sabedes, a mellor das amizades é a dun libro que, agochado na mochila, no peto ou baixo o brazo, agarda a que nós lle deamos unha ollada! 

Para que teñades onde escoller, velaquí o noso folleto deste ano para que percorrades o mundo da man destas boas historias!


11/12/15

Lectura especial de Nadal

As Normas de tío NormanUn libro que garda un segredo, o segredo de que todos podemos escribir un libro da man da imaxinación e dunhas fermosas imaxes.As nosas tres protagonistas de 3º deleitáronnos cunha lectura especial e moi emotiva, perfecta para dar comezo a estas festas!





03/12/15

Ler é para todos, desde a familia, desde a cidade, desde cada recuncho

Achegámosvos unha nova da Voz de Galicia relacionada precisamente co beneficioso que é ler e a satisfación que representa!
Ler pola mañá, á tardiña... ;-) BOA LECTURA!!!


Clicade e iredes directamente á nova da Voz de la EscuelaVoz de Galicia 2 de decembro de 2015

02/12/15

Comeza o CLUB DE LECTURA XANELA 2015/2016



Desde 5º e 6º, comezamos a viaxe polo mundo cos libros baixo o brazo.
Por iso, deu comezo a pasada semana o Club de Lectura de 5º e 6º de Educación Primaria entre grande expectación e nerviosismo.

A lectura escollida nesta ocasión é unha obra motivadora, alegre, chea de retranca e pousos das novas letras galegas: 
 "Escarlatina, a cociñeira defunta"

Comezamos cunhas cantas actividades de motivación e seguiremos avanzando nesta obra ao cabo das semanas...
Irémosvos avisando da nosa viaxe polas letras!!!



bibliocarricarte's CLUB DE LECTURA album on Photobucket