26/06/15

Exposición "RETRATOS DOS NOSOS AVÓS"

Despois do proceso de todo o curso vemos o resultado: os retratos dos avós e avoas onde os nenos e nenas captaron dun xeito marabilloso, o momento que eles desexaron, no lugar preciso ao estilo traballado.

O día 17 de xuño inauguramos na Biblioteca Xanela, do noso centro, e na Biblioteca de Monte Alto, a exposición.

Grazas a todas as familias e amigos por acompañarnos neste día tan especial.

Deixamos unha pequena mostra dese encontro para todos e todas.


23/06/15

despedida de curso


Xa temos eiquí o verán co seu esplendor.

O sol ponse guapo sobre o seu relucinte trono e reparte luz a diestra e a siniestra e nós disfrutamos da súa ledicia. 

Que viva o verán e o astro rei!!!!


Despedimos este curso dende a Xanela dándovos as grazas polas vosas visitas, lecturas, proxectos, comentarios, debuxos, contos, cancións...

Estamos de volta en outubro.
Un bico de todo o equipo da Biblioteca e da  vosa mascota Lusca.





Moitas grazas aos axudantes da biblioteca que con tanto agarimo formastes parte deste máxico lugar.

18/06/15

VI certame literario da biblioteca Xanela

O curso está chegando ao seu fin e hoxe, despois do festival de fin de curso fixemos a entrega dos premios do VI certame literario da Xanela.

En Educación Infantil , participaron na categoría de ÁLBUM ILUSTRADO.

Os alumnos e alumnas de 6º de infantil participaron cun álbum titulado:


O LIBRO DOS AVÓS E DAS AVOAS.

Na categoría de CONTO,  en 1º,  o premio é para ANTÓN CILLERO GARCÍA polo conto titulado DINOSAURIOS.

En 2º, o premio é para CARMELA CASÁS OTERO polo conto titulado OS DOUS PORTAIS MÁXICOS. 

Na categoría de CÓMIC os premios foron para NOA PARDIÑAS UJEDA, co cómic OS SUPERAVÓS  e  MARTA SCHMELZ COLLADO, co cómic EMILIO COLLADO en 3º e 4º respectivamente. 


Finalmente na categoría de TEATRO, o gañador en 5º é MARCOS MORADILLO SEBASTIÁN, pola obra titulada O REGALO DA AVOA. Na clase de 6º o gañador é DAVID BALSA LOSADA pola obra titulada A PEOR NAI DO MUNDO.

Podedes ler as súas obriñas clicando no VOCEIRO DE HÉRCULES

Moitos parabéns e tamén moitas grazas a todos os nenos e nenas que participastes.

Unha mención especial para o conto titulado MI ABUELA ISABEL, escrito por Romi.


09/06/15

CADROS DUNHA EXPOSICIÓN NA FUNDACIÓN LUIS SEOANE

No colexio temos a moitos músicos: clarinetistas, trompetistas, frautistas, guitarristas, pianistas...eso quere dicir que amamos a música.

Ademáis temos moitísimos lectores e lectoras, eso quere dicir que amamos a literatura.

Aínda máis...!!!!! temos grandes pintores e pintoras, eso quere dicir que amamos a pintura.

Con todos estes ingredientes temos unha cita na FUNDACIÓN LUIS SEOANE vindeiro xoves 11, ás 20:00, para ver a presentación do libro "CADROS DUNHA EXPOSICIÓN" da editorial Kalandraka á que estamos subscritos dende hai moitos anos na Biblioteca Xanela.


O escritor JoséAntonio Abad e o ilustrador Xosé Cobas ofrecen unha guía aos lectores polo museo de San Petesburgo, contemplando as pinturas de Hartmann e durante o seu percorrido literario e visual, tamén é posible escoitar fragmentos da suite creada por Mussorgsky en memoria do seu amigo, interpretada pola filarmónica de Nova York baixo a dirección de Giuseppe Sinopoli.


Na FUNDACIÓN LUIS SEOANE, que tanto coñecemos, o quinteto de metais HÉRCULES BRASS ofrecerá varias composicións deste destacado músico ruso, que pertenecera ao GRUPO DOS CINCO.