Antón, Fernando e Anxo de 1º deleitáronnos cunha lectura do conto de kalandraka, titulado: TITIRICIRCUS, que prepararon co seu esforzo durante os tempos de lectura do cole.
Os seus axudantes son Jacobo, Marcos, Manu e Brailín que son uns marabillosos monicrequeiros.
É precioso ver a motivación que dende pequenos se lles inculca e a ilusión que amosan por vir a ler á Biblioteca Xanela que tantos momentos máxicos nos regala cada venres.
Aquí temos a lectura para que a poidades disfrutar !!!!

Na montaxe poderedes ver escenas da compañía TANXARINA
Titiricircus é o todoterreo da súa carteleira, con
máis de 900 representacións.
Contan a historia de dous vellos traballadores
daquel circo que agora lembran, acompañados
de monicreques de fíos, as vellas glorias do seu
pasado na pista
Parabens!!!Aos lectores, aos actores e a montadora de este marabilloso video q nos vai permitir seguir desfrutando da maxia do Titiricircus.
ResponderEliminarMoitas grazas Isi polo teu labor na biblioteca.
ResponderEliminarQuedou moi chulo. A próxima vez levaremos monicreques en vez de peluches ;)).
Un bico para todo o equipo.
Marta