13/04/15

CROCO, unha historia chea de musicalidade e cor

 Croco, a pesar de que aínda é pequeno, reflicte certa madurez porque é quen de afrontar as súas necesidades e trata de actuar con independencia.
 
Croco morría de fame, pero mamá crocodila tiña que vixiar o niño. No niño había un ovo e no ovo… un irmán. Croco marchou disposto a cazar só, pero aínda era algo pequeno e non estaba afeito a ter que buscar a súa merenda.
 
O ciclo da vida, o crecemento e o nacemento dun irmán supón para el enfrontarse a novas esixencias e dalgún xeito, esta nova situación fará que rompa con certos vínculos familiares e gañe autonomía. En calquera caso, o nacemento dun irmán é algo fermoso que supón máis vantaxes que inconvenientes. Por iso, os temores do pequeno quedan totalmente diluídos cando entende que non precisa rivalizar polo afecto.
 
Unha historia sinxela, narrada con musicalidade e recreada con ilustracións tenras e coloristas. Unhas imaxes cómplices que permiten que nos acheguemos aos sentimentos e emocións do protagonista.
 


Texto de Roberto Aliaga


Ilustracións de Minako Chiba
Este venres, 10 de abril,  a lectura en voz alta estivo

 protagonizada por dúas nenas de 3º: Noa Villaverde e 

Michelle e outras dúás nenas de 6º: Alba "Mori" e

Susi. 

Fabi interpreta o conto xestualmente e faino con moita 

graza!


Parabéns pola vosa lectura, encantounos!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!