17/12/15

Feliz Nadal e comezo de 2016!!!

Chegan as vacacións, ben merecidas e ben esperadas! ;-)
De seguro que pasaredes estas datas na mellor das compañas pero, como xa sabedes, a mellor das amizades é a dun libro que, agochado na mochila, no peto ou baixo o brazo, agarda a que nós lle deamos unha ollada! 

Para que teñades onde escoller, velaquí o noso folleto deste ano para que percorrades o mundo da man destas boas historias!


11/12/15

Lectura especial de Nadal

As Normas de tío NormanUn libro que garda un segredo, o segredo de que todos podemos escribir un libro da man da imaxinación e dunhas fermosas imaxes.As nosas tres protagonistas de 3º deleitáronnos cunha lectura especial e moi emotiva, perfecta para dar comezo a estas festas!





03/12/15

Ler é para todos, desde a familia, desde a cidade, desde cada recuncho

Achegámosvos unha nova da Voz de Galicia relacionada precisamente co beneficioso que é ler e a satisfación que representa!
Ler pola mañá, á tardiña... ;-) BOA LECTURA!!!


Clicade e iredes directamente á nova da Voz de la EscuelaVoz de Galicia 2 de decembro de 2015

02/12/15

Comeza o CLUB DE LECTURA XANELA 2015/2016



Desde 5º e 6º, comezamos a viaxe polo mundo cos libros baixo o brazo.
Por iso, deu comezo a pasada semana o Club de Lectura de 5º e 6º de Educación Primaria entre grande expectación e nerviosismo.

A lectura escollida nesta ocasión é unha obra motivadora, alegre, chea de retranca e pousos das novas letras galegas: 
 "Escarlatina, a cociñeira defunta"

Comezamos cunhas cantas actividades de motivación e seguiremos avanzando nesta obra ao cabo das semanas...
Irémosvos avisando da nosa viaxe polas letras!!!



bibliocarricarte's CLUB DE LECTURA album on Photobucket

27/11/15

27 de novembro: lectura de Antón e Sarah


 "Carne de burro, carne de can... Que te leve o furacán"

A vella na botella

Este venres, Antón e Sarah fixéronnos disfrutar cunha lectura chea de voces, de guiños, de bromas... De como aspirar a algo mellor sexan cal sexan as circunstancias!!! Grazas aos dous!!!





















24/11/15

25 novembro "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller"





Somos tan diferentes? 


Velaquí vos deixamos algunha das fotos que realizamos na actividade "Somos tan diferentes?" 

Un stand interactivo para traballar cos máis pequenos e cos maiores a realidade humana: somos iguais sexa cal sexa o noso sexo, as diferencias son pequenas e enriquecedoras! 

Nesta data sinalada, Xanela e todo o CEIP Sanjurjo de Carricarte queremos achegar á rede o noso desexo de equidade real entre mulleres e homes. 


Aconsellámosvos algunhas fermosas lecturas relacionadas para rachar estereotipos! 
Premede nas imaxes e iredes directos ao pdf.












Algúns libros máis sobre equidade...


  

20/11/15

Lectura de Martiño, Martín e Xandre: "O Apalpador e a castaña máxica"

Neste venres de novembro, en pleno outono... tanto falar, cheirar e disfrutar das castañas, a Martiño, Martín e a Xandre ocorréuselles ler o conto  "O Apalpador e a castaña máxica".

É unha das figuras máis representativas das montañas lucenses do Courel. Un homiño que leva castañas no peto que agasalla na noite do 31 de decembro, en pleno Nadal.

Grazas aos tres protagonistas, a Candela e a Uxía pola súa colaboración na lectura, a Edgar pola grande organización, a Isi por unha fantástica ambientación musical e a todos e todas por asistir un venres máis!!!

Así pois, para saborear as ricas castañas e abrir paso ao Nadal que se achega xa á Xanela... Velaquí unha mostra.







16/11/15

LIBROS PARA A PAZ

Desde o noso pequeno espazo na rede, desde a Xanela, queremos enviar o noso grande desexo de PAZ en cada recuncho do planeta!
Achegámosvos un listado de libros sobre a paz
A tan necesaria paz!

13/11/15

Lectura de Adrián e Leila: 13 de novembro

"Un conto cheo de lobos" Umm... Cantos lobos hai polo mundo...
Leila e Adrián léronnos, coa axuda de Andrea, un fantástico conto. "Había lobos grandes e lobos pequenos. Lobos durmidos e lobos espertos. Lobos xigantes,lobos ananos..." Orixinal universo onde os lobos percorren as diferentes páxinas do libro na procura de comida. Estivemos todos atentos e cos cinco sentidos!!! Grazas!!!
bibliocarricarte's  album on Photobucket

11/11/15

Novas

Achegámosvos aquí un artigo moi interesante, unha nova fantástica para a ciencia e a historia!
A primeira muller que gaña o premio Nobel de matemáticas.


Maryam Mirzakhani
Maryam Mirzakhani, matemática iraní gañadora do premio Nobel.

06/11/15

Lectura de Helena e Enya: 6 de novembro

Se eu fose moi delagado...

se eu fose moi delgado-antonio mota-9788484645368Umm... Que poderíades facer se fosedes moi delgados, tan delgadiños coma un verme?
Pois Helena e Enya déronnos unha chea de ideas lendo este lindo conto.
Grazas ás dúas e a Dani e Nuria pola súa colaboración!


bibliocarricarte's  album on Photobucket

26/10/15

3, 2, 1... COMEZAMOS!

3, 2, 1... Comezamos!

O venres 23 de outubro inhauguramos as lecturas en voz alta "tannnnnnnnn esperadísisisisisisimas" cunha grande expectación, apoio e moito agarimo!

Confiamos en que sexades uns incondicionais desta a vosa biblio!!!

Grazas a Brais, Carla e Michelle por este teatriño sobre como superar con enxeño as adversidades grandes e pequenas!

















09/10/15

NOVO CURSO... ENERXÍA RENOVADA!!!

Benqueridos todos e todas, a Biblioteca Xanela abriu xa por fin as súas portas cunha fantástica reapertura o venres 9 de outubro.
Os monicreques, a maxia do primeiro encontro do ano e a boa enerxía que se desprendía grazas a todos vós, encheron cada recuncho da nosa Xanela!