27/11/14

OS TRES OSOS POR...SAMU, MARTÍN E KIRAN.

O venres 21 de novembro tivemos o pracer de escoitar o conto dos TRES OSOS, lido por SAMU de 6º, KIRAN e MARTÍN de 2º.

Lérono moi ben e representaron aos osos con diferentes voces.

Acompañáronos na lectura, Nati, Yara, Sara de 2º e un invitado especial de infantil, Eloy que fixo de oso pequeno.




Moitas felicidades polo ben que ledes e por preparar 



con tanto cariño e ilusión a lectura.


Ao final, os axudantes, Diana e Antón, fixéronlles

 entrega dos DIPLOMAS.

ESPERÁMOSVOS O VENRES QUE VÉN.



13/11/14

"Os tres bandidos" Contacontos 13 de novembro

Hoxe tivemos un día diferente: XOVES DE CONTACONTOS!!!

Estivemos todos e todas, como de costume, atentos e concentrados porque Susana, Brais, Gloria e Lucía Soto, de 3º de EP contaron con moita enerxía o seu libro escollido: "Os tres bandidos" de Tomi Ungerer.
MOITAS GRAZAS!



SAMAÍN...HALLOWEEN...UNHA MAÑÁ DE MEDO!!!

30 de novembro...
Unha mañá na que o pasamos de medo!!!

Por unha banda, todo o cole cheo de teas de araña, morcegos, portas tenebrosas...

Por outra, grupos de rapaces e rapazas de 6º foron clase por clase xogando a "TRUCO OU TRATO...TRICK OR TREAT" para festexar ao mesmo tempo o noso Samaín e o coñecido Halloween. Houbo doces pero tamén sorpresas...!







Amais, nesta xornada e da man do noso proxecto deste ano "Os nosos maiores", todos os grupos contaron coa presenza de fantásticos contacontos con lendas, retrincos e contos de antigo para darnos un chisco de MEEEEEDDDDOOOOO!!! Grazas a todos!


Os nenos e nenas de 1º e 2º tivemos a visita de dous avós, dous pais e un tío:
Felipe, o avó de Helena; Nana (Patricia), a avoa de Patri; Pepe e Luchi, os pais de Lola e Edu, tío de Patricia.
Estivemos na sala chamada NOITE ESCURA e todos xuntiños escoitamos o conto do TRAGALDABAS, o conto da FIGUEIRA DE PELOSTORTOS, a lenda da Santa Compaña e un conto en inglés titulado HAPPY HALLOWEEN, MAX AND RUBY!
Deixámosvos a gravación dos contos para que os poidades gozar en familia.



Os alumnos e alumnas de 3º e 4º tivemos a sorte de ter dúas contadoras marabillosas, Mari Carmen, a avoa de Brais (3º) e Sara, a avoa de Sara (4º).
A avoa de Sara contou a historia "O gato negro" de Edgar Allan Poe, terrorífica e sanguenta.
A historia da avoa de Brais foi máis "doce", narrou o que facían de pequenos no seu pobo, Mondoñedo. Ían ao cemiterio e comían "torradas". Lembrando isto, trouxo para todos unha boa cantidade de saborosas "torradas". 
Foi unha sesión de contos terrorificamente doce. Grazas AVOAS!





Dentro do ciclo de contos terroríficos do noso colexio, a clase de 5º, recibiu a visita do contador moneterrosino "Pacior Pequeno", que nos trasladou nos seus contos á Galicia máis sobrenatural e misteriosa, contando historias de tradición oral, recollidos nas comaracas de VAL DO DUBRA, BERGANTIÑOS, A LIMIA e a súa ULLOA natal.

Amais, os alumnos e alumnas de 6º por enteiro foron CONTACONTOS de altura! Velaquí unha achega das súas grandes habilidades! GRAZAS POR ESTA DIFERENTE E SORPRENDENTE XORNADA!!!




07/11/14

A NOITE DAS MUDANZAS, LECTURA EN VOZ ALTA

Sofía de 4º e a súa irmá, Iria, de 2º, xunto con Marta, tamén de 4º e Patri de 2º, decidiron xuntarse para facer a lectura deste conto, xuntas, porque como elas mesmas din na súa presentación son moi amigas.
Disfrutamos moito da lectura e da historia.
Parabens ás  catro !!!