26/04/14

lecturas compartidas

Tanto as familias como os profesores compartimos unha mesma ilusión e un mesmo interese que é que os nosos nenos gocen e se apaixoen cos LIBROS, porque estamos convencidos que a LECTURA fai a individuos máis fortes, máis capaces de enfrontarse ao mundo, máis felices e máis libres.

A animación á lectura non é unha tarefa doada, non hai receitas máxicas que dean un resultado exacto e seguro. 
Conseguir a afección lectora é unha tarefa lenta, de día a día, porque a lectura é un sentimentos que se transmite como todos os sentimentos: POUCO A POUCO e moitas veces por contaxio.

Ademáis, os factores que condicionan a lectura son moi variados: ás veces é a presenza de libros no ámbito familiar ou o exemplo de adultos lectores na familia e no ámbito máis cercano, outras veces é grazas a experiencias satisfactorias de lecturas na clase ou na Biblioteca ou a existencias de infraestructuras públicas que facilitan manter e ampliar o hábito de ler. Sen embargo, a concorrencia de todas estas circunstancias favorables non garante o éxito, xa que igualmente, un entusiasta lector poder xurdir nos ambientes máis desfavorables. 

Este venres compartimos lecturas...e a imaxe fala por sí mesma.



25/04/14

The fantastic flying books"


"Fantastic Flying Books Of Mr. Lessmore" (Animación/Cortometraje) from Danilo03 on Vimeo.

LECTURA EN VOZ ALTA POR ALBA CAMPOS E PAULA DE 6º


Clara, a protagonista, aprende o que son unhas eleccións e como as persoas poden decidir quen vai gobernar introducindo un papeliño nunha urna. Un modo sinxelo de ensinar aos nenos e nenas en que consiste a DEMOCRACIA.

ESTE CONTO FOI LIDO POR ALBA CAMPOS E PAULA DE 6º ACOMPAÑADAS POR UN GRUPO DE COMPAÑEIROS QUE AXUDARON NA INTERPRETACIÓN.

COMO SEMPRE FIXÉRONO DE MARABILLA.

PARABÉNS!!!





23/04/14

actividades para o día do libro 2014

Un ano máis as Bibliotecas Municipais da Coruña non podemos
deixar que pase o 23 de Abril sen honrar como se merece ó libro e a lectura. Este ano, ademáis de adicar un especial á literatura en galega, onde recomendamos libros e autores contemporáneos que podedes atopar nas nosas bibliotecas,  imos volver demostralo coas seguintes actividades que se desenvolverán nas nosas bibliotecas.

22/04/14

canción de mamá cabra para o día do libro


23 de Abril día do Libro.







POR QUÉ CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO O 23 DE  ABRIL?


A orixe do día do libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían CERVANTES e SHAKESPEARE e tamén nun 23 de abril naceron ou morreron outros escritores valorados, por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola comferencia xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a insubstituíble contribución dos creadores ao progreso social e cultural. 

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un pequeno marcapáxinas para lembrar esta data, cun texto inédito dunha autora ou autor que xenerosamente o cede para as Bibliotecas Escolares de Galicia.  Nesta ocasión o texto que inclúe este punto de lectura é do escritor Paco Martín, de quen se cumpren 30 anos desde a publicación do seu libro "As cousas de Ramón Lamote", primeiro premio Barco de Vapor, da Editorial SM para un texto en galego. Foi tamén o primeiro libro galego recoñecido co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1986) e, tamén, o primeiro libro galego que ingresa na lista dos White Ravens (1988), un catálogo de libros imprescindibles para a infancia e a adolescencia
"A festra aberta ao ar vivivficador, franca aos saberes, ao pensamento diverso, ao voo da imaxinación, á descuberta verturosa de novos mundos, ao espello substancial do propio ser...  O libro!" 


PORT HARCOURT é a décimo cuarta cidade designada 

Capital Mundial do Librodespois de Madrid (2001), 

Alexandría (2002), Nova Delhi (2003), Amberes 

(2004), Montreal (2005), Turín (2006), 

Bogotá (2007), Ámsterdam (2008), 

Bayrut (2009), Liubliana (2010)

Bos Aires (2011), Ereván (2012) e Bangkok (2013).

















MAFALDA encabezará a celebración do DÍA MUNDIAL DO LIBRO que é o 23 de abril, en PARÍS, onde a UNESCO organizará unha exposición sobre a "célebre nena pacifista e contestataria"








Estes son algúns dos carteis que se empregaron para 

anunciar este día tan sinalado.






















PARA LER E RELER.







Gabriel José García Márquez

O pasado xoves 17 o escritor García Márquez, PREMIO NOBEL de literatura do ano 1982, " polas súas novelas e historias curtas, nas que o fantástico e o real combinánse nun mundo ricamente composoto de imaxinación, o que reflexa a vida os conflitos dun continente",  deixounos a idade de 87 anos, que cumplira o 6 de marzo pasado.
Se queres saber máis da súa vida e obra preme eiquí

12/04/14

sin rumbo por el mundo, CATALINA Y EL OSO

GLORIA E MICHELLE DE 2º ACOMPAÑADAS POR XIANA LERON ESTE VENRES O CONTO DE KALANDRAKA TITULADO SIN RUMBO POR EL MUNDO, CATALINA Y EL OSO.



LERON MOI BEN E FIXERON RIR MOITO AO PÚBLICO, XA QUE ACOMPAÑARON A SÚA LECTURA DE XESTOS MOI AXEITADOS.
PARABÉNS E A SEGUIR ASÍ. 

08/04/14

LA OVEJA NÚMERO 108

KWAYETCHA E KALINA LERON ESTE VENRES PASADO O CONTO TITULADO "LA OVEJA NÚMERO 108"

PARA A SÚA LECTURA CONTARON COA INESTIMABLE AXUDA DE TRES RAPAZAS: NURIA, LUCÍA E SARA, QUE FIXERON DE ACTRICES, COMO APARECÍAN ANUNCIADAS NO SEU MURAL.

ESTE CONTO TRATA DE PAULA QUE NON SE PODE DURMIR, ASÍ QUE EMPEZA A CONTAR OVELLAS. 

CONTARÁ ATA DEZ, ATA CINCUENTA E ATA CEN E SEGUE SEN DURMIRSE. SEGUE ATA CENTO OITO E ALGO SUCEDE QUE TODAS AS OVELLAS SE POÑEN FURIOSAS...

MOITOS PARABÉNS POLA LECTURA. COMA SEMPRE DA GUSTO ESCOITARVOS.