24/02/14

ENTROIDO Á VISTA

XA CHEGA O ENTROIDO!!! Dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización lingüística, poñen a nosa disposición un monográfico especial desta celebración. Se che interesa o seu contido, preme na imaxe.

EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES POR FLAVIA E SARAH


ESTE VENRES, DÍA 21 SARAH  E FLAVIA DE LERON O CONTO TITULADO


Fixeron unha lectura moi boa e moi expresiva e tiveron como acompañantes a CARLOS, LUCÍA, EILA E NEREA.

Se clicades nos suliñados atoparedes información sobre o libro editado por kalandraka e sobre a obra musical na que se inspira este conto, do músico francés SAINT SAENS. 


18/02/14

o arco da lúa


Este venres, como choveu moito e o día foi de temporal, a Biblioteca Xanela estivo pechada para os nenos e nenas, xa que quedamos nas aulas, sin embargo, Carmen e Lucía tiñan preparada a súa lectura dende hai tanto tempo!!! que decidiron lela para os seus compañeiros e os do seu ciclo no tempo de lectura.


Revisando na Xanela, atopei que hai tempo, Sara e Paula de 6º, no ano 2012 xa fixeron esta lectura e podedes ver o paso do tempo, porque agora están xa moi cambiadas...o que está claro é que hai historias que gustan moiton e vólvense a repetir con distintos lectores e en disitintos momentos.



Parabéns a Carmen e a Lucía que len de auténtica marabilla.

13/02/14

o amor

14 de  febreiro día dos namorados... o amor é un sentimento marabilloso que o sentimos cada día do ano, aínda que hoxe celébrase como se celebra o día da paz, o día do pai, o día da nai...
Dende a Biblioteca do cole de Mondariz fixeron esta bonita montaxe dun conto de Kalandraka chamado o CROCODILO NAMORADO contado por nenos e nenas de tres anos...xa veredes que bonito!!!!


QUERES ESCRIBIR A TÚA PROPIA HISTORIA DE AMOR?
MIRA O VÍDEO E DEIXA VOAR AS TÚAS PALABRAS


LA BELLA DURMIENTE

Música e literatura mesturadas...dúas artes xuntas que enchen os nosos sentidos...ver, escoitar, sentir!


Este xoves todos os nenos e nenas de primaria imos ao PALACIO DA ÓPERA a ver, escoitar e sentir un ballet titulado LA BELLA DURMIENTE, dun compositor ruso chamado  PYOTR ILICH TCHAIKOVSKY, que naceu en San Petesburgo  no 1840 e morreu en 1893. Algunha das súas obras máis fermosas e orixinais son os seus BALLETS: O CREBANOCES, (este fragmento pertence a danza da fada golosina)


o LAGO DOS CISNES, (este fragmento  é o pas de quatre)


e o que nós imos ver que é a BELA DURMINTE e o fragmento que vos deixo o coñecedes moi ben todos e todas...


Este ballet está baseado na historia da bela durminte do bosque do escritor francés CHARLES PERRAULT e no terceiro acto recréanse outros contos de Perrault como O GATO CON BOTAS, O PAXARO AZUL, A PRINCESA FIORINA, CARAPUCHINA VERMELLA...
 Para os que queirades saber máis dos seus contos clicade no seu nome e descubride máis...sobre Perrault






08/02/14

SOPA DE NADA

Pola mañá recibimos polas aulas unha invitación para ir escoitar un conto titulado SOPA DE NADA.



Sara e Andrea, as dúas de 6º dixeron que era un conto con sorpresa, e con esa motivación fomos a escoitalas. Claro que houbo sorpresa!!! Aarón, David, Aarón, Gisselle, Alba, Rober e  Hodei, interpretaron os papeis dos personaxes e gustounos moito.




 clica na foto para ver máis.


Ademáis cantamos o CUMPREANOS FELIZ a Xandre que estaba moi contento na Xanela.