18/12/14

Semana de contacontos de Nadal. Proxecto "Os Nosos Maiores". LECTURA POLOS NENOS E NENAS DE 1º

E chegamos a última lectura do ano e da semana adicada ao noso proxecto da Xanela e como xa sabedes hoxe lles tocou o turno aos máis pequenos de primaria, os nenos e nenas da clase de Luz.



Unha lectura moi, moi divertida...a ratiña, a súa veciña tamén lle gustaba moito.
A rá tamén lle houbese gustado meter o dedo no nariz, pero a súa nai non a deixaba.

O nariz é unha das partes do corpo que máis chama a atención dos nenos e nenas na primeira etapa da súa infancia. Dende moi pequenos incúlcannos unha serie de convencíons sociais e normas de comportamento con resepecto ao noso apéndice facial: meterse o dedo no nariz en público non está ben visto e así educóusenos.

Os nenos e nenas adoitan facer un caso "relativo" das advertencias e os consellos dos maiores. Non teñen acentuado o sentido do ridículo que os adultos desenvolvemos. 

Este conto divertido e intrépido reproduce con moito sentido do humor a espontaneidade coa que actúan os máis pequenos.


Os pinceis e os lapis, dende a súa nenez,  forman parte da vida de DANIELA KULOT,  autora e ilustradora.



17/12/14

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL




Queridas familias:

Como xa ven sendo habitual, a biblioteca Xanela déixavos unhas bonitas recomendacións de lecturas para o NADAL, que tamén levan @s nen@s, en formato papel, para ter a man, na casa.

Nestas datas sempre atopamos un marabilloso momento para agasallar cun libro que nos faga soñar, viaxar, rir, emocionar, aprender...

O noso desexo é que o amor pola lectura crezca 
cada día.
O equipo da biblioteca Xanela deséxavos un FELIZ NADAL E UN PRÓSPERO ANINOVO a todas as familias que formades parte da nosa escola. 








Sir Quentin Saxby Blake, naceu en Londres o 16 de decembro de 1932. É un ILUSTRADOR, ESCRITOR E DEBUXANTE. 
Seu estilo artístico é moi característico, con liñas a tinta trazadas con rapidez e inseguridade estudiadas. A cor, polo xeral, dase con manchóns de acuarela.

É un xeito de debuxo espontáneo a man alzada e con liberdade, que logo vai pulindo de tal xeito que os personaxes  que cobran vida nas súas mans consiguen aproximarse ao mundo do garabato que tanto prima nos debuxos infantís, por iso, quizás, teña tanto éxito entre o noso público infantil.

No ano 2002, concedéuselle o premio HANS CHRISTIAN ANDERSEN na categoría de ILUSTRACIÓN. 

A profe, Luz, encántalle e fainos partícipes do seu coñecemento, xa que ela coñece a moitos ilustradores como experta en contos que é. Moitas grazas!

PODES SABER MÁIS DEL CLICANDO ENRIBA DE:







Semana de contacontos de Nadal. Proxecto "Os Nosos Maiores". LECTURA POLOS NENOS E NENAS DE 2º


...

Hoxe, os nenos e nenas de 2º , leron o conto BEBÉ BIGOTES. 

É un conto moi divertido onde dous velliños interpretados por Natalia Roldán e Yago Vargas, puxéronse mans á obra para facer un bebé. 

Moitas peripecias fixeron e ao final aparece un gatiño que a avoa méteo na cama e lle di ao seu marido que pariu un bebé con bigotes... Pasámolo moi ben!!! e hai que recoñecer que os AVÓS, SEMPRE APORTAN ALEGRÍAS AS NOSAS VIDAS.
http://www.oqo.es/editora/es/content/beb%C3%A9-bigotes

16/12/14

ADICADO AO NOSO PROFE DE MÚSICA, Pablo , e a todos os que amamos a música e a maxia

                            
  FELIZ NADAL A TODO@S

RCECOMENDACIÓNS DE KALANDRAKA PARA ESTE INVERNO



“…Camiñando paseniño
miro en todos os recunchos,
buscando os agasallos
que me agardan nalgún punto…”


Dende KALANDRAKA, Bo Nadal











Semana de contacontos de Nadal. Proxecto "Os Nosos Maiores". LECTURA POLOS NENOS E NENAS DE 3º

Un día maís enchemos a biblioteca Xanela de nenos e nenas ilusionados por contar outro conto de avós e avoas. Nesta ocasión tocoulle o turno aos de 3º coa historia titulada... MI ABUELITA ME NECESITA.



Barrio Sésamo era un programa educativo, nacido no ano 1968 e  co que crecemos moitos dos "maiores" deste cole. Entre cancións, adiviñas e contos, Epi, Blas, Elmo, Paco Pico e todos os personaxes deste barrio, iniciaban aos nenos e nenas en moitos coñecementos. Unha mostra é este conto que hoxe escoitamos.

Con Noa e Susi como actrices da historia e o resto dos compañeiros como lectores pasamos un momento moi divertido e agradable.
Parabéns a todos e todas e grazas!!!




Semana de contacontos de Nadal. Proxecto "Os Nosos Maiores". Lectura dramatizada de 6ºEP

Ola de novo amigas e amigos! Onte estivemos a escoitar a uns ilusionados da lectura e do teatro: os rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria. Toda a clase ao completo ideou a escenografía, o atrezzo, a distribución dos espazos e dos tempos para poder achegarnos una obra chea de encanto e risada "Velliñas". Magnífico traballo!!!






12/12/14

Semana dos contacontos adicados aós avós! 12 de decembro de 2014 4º de Primaria

Hoxe os compañeiros e compañeiras de 4º de Primaria, motivados e afanados en irradiar enerxía, contáronnos un conto cheo de encanto e de moita risada... Grazas!!! 




Lembrade, o vindeiro luns día 15, os rapaces e rapazas de 6º intentarán encandilarnos as orellas e os ollos cun contacontos teatralizado:"Velliñas." Estades convidadas e convidados!!!

11/12/14

11,12, 15,16,17,18...de decembro

Queridos nenos e nenas do cole:

Estamos nunha época chea de maxia e a Biblioteca Xanela invítavos a todos e  a todas, dende infantil de 3 aniños ata os maiores de 6º, incluído aos profes e persoal do centro, a escoitar contos  moi especiais adicados aos nosos queridos avós e avoas, dentro do proxecto deste ano: os nosos maiores.

Comezamos hoxe cun conto moi bonito que leron os alumn@s de 5º:

"Un avó especial"


Conta a relación entre un avó e a súa neta dende que esta nace ata que ten doce anos. O avó arrólaa, cóidaa, ensínalle ditos, cancións, xogos...Co paso do tempo sucédense as risas e os enfados entre os dous, pero, un día, o avó comeza a ter moitos despistes e ademáis, cámbialle o carácter. Rosiña, coa axuda dos pais, ten que facer fronte a esta nova situación.

Gustounos moito. Parabéns e feliz nadal!











Lembrade: 
mañá máis...tócalle aos nenos e nenas de 4º... que conto leran?
Se o queres saber ven mañá as 11:30 á BIBLIOTECA, e disfruta dunha nova historia.

02/12/14

A BRUXA REGAÑADENTES

O venres día 28 de Novembro, debido á choiva, decidimos facer IGUALMENTE una lectura en voz alta polas aulas, xa que na Biblioteca Xanela non puidemos facela.

Os nenos e nenas de 4º encargados de facela foron polas diferentes aulas do cole para ler e foi unha experiencia bonita e nova.

O conto elexido nesta ocasión foi A BRUXA REGAÑADENTES 

Clica na imaxe para ver o conto


contado por AITANA E ADRI de 4º e coa colaboración como a ctores e actrices  compañeiros da súa clase e Kiran de 2º susituindo a un compañeiro de 4º que non estaba nese momento. 

MOITOS PARABÉNS!!! e moitas grazas ás axudantes da biblioteca polo seu traballo, a Eila, Sarah e Sara.




27/11/14

OS TRES OSOS POR...SAMU, MARTÍN E KIRAN.

O venres 21 de novembro tivemos o pracer de escoitar o conto dos TRES OSOS, lido por SAMU de 6º, KIRAN e MARTÍN de 2º.

Lérono moi ben e representaron aos osos con diferentes voces.

Acompañáronos na lectura, Nati, Yara, Sara de 2º e un invitado especial de infantil, Eloy que fixo de oso pequeno.




Moitas felicidades polo ben que ledes e por preparar 



con tanto cariño e ilusión a lectura.


Ao final, os axudantes, Diana e Antón, fixéronlles

 entrega dos DIPLOMAS.

ESPERÁMOSVOS O VENRES QUE VÉN.



13/11/14

"Os tres bandidos" Contacontos 13 de novembro

Hoxe tivemos un día diferente: XOVES DE CONTACONTOS!!!

Estivemos todos e todas, como de costume, atentos e concentrados porque Susana, Brais, Gloria e Lucía Soto, de 3º de EP contaron con moita enerxía o seu libro escollido: "Os tres bandidos" de Tomi Ungerer.
MOITAS GRAZAS!



SAMAÍN...HALLOWEEN...UNHA MAÑÁ DE MEDO!!!

30 de novembro...
Unha mañá na que o pasamos de medo!!!

Por unha banda, todo o cole cheo de teas de araña, morcegos, portas tenebrosas...

Por outra, grupos de rapaces e rapazas de 6º foron clase por clase xogando a "TRUCO OU TRATO...TRICK OR TREAT" para festexar ao mesmo tempo o noso Samaín e o coñecido Halloween. Houbo doces pero tamén sorpresas...!







Amais, nesta xornada e da man do noso proxecto deste ano "Os nosos maiores", todos os grupos contaron coa presenza de fantásticos contacontos con lendas, retrincos e contos de antigo para darnos un chisco de MEEEEEDDDDOOOOO!!! Grazas a todos!


Os nenos e nenas de 1º e 2º tivemos a visita de dous avós, dous pais e un tío:
Felipe, o avó de Helena; Nana (Patricia), a avoa de Patri; Pepe e Luchi, os pais de Lola e Edu, tío de Patricia.
Estivemos na sala chamada NOITE ESCURA e todos xuntiños escoitamos o conto do TRAGALDABAS, o conto da FIGUEIRA DE PELOSTORTOS, a lenda da Santa Compaña e un conto en inglés titulado HAPPY HALLOWEEN, MAX AND RUBY!
Deixámosvos a gravación dos contos para que os poidades gozar en familia.



Os alumnos e alumnas de 3º e 4º tivemos a sorte de ter dúas contadoras marabillosas, Mari Carmen, a avoa de Brais (3º) e Sara, a avoa de Sara (4º).
A avoa de Sara contou a historia "O gato negro" de Edgar Allan Poe, terrorífica e sanguenta.
A historia da avoa de Brais foi máis "doce", narrou o que facían de pequenos no seu pobo, Mondoñedo. Ían ao cemiterio e comían "torradas". Lembrando isto, trouxo para todos unha boa cantidade de saborosas "torradas". 
Foi unha sesión de contos terrorificamente doce. Grazas AVOAS!





Dentro do ciclo de contos terroríficos do noso colexio, a clase de 5º, recibiu a visita do contador moneterrosino "Pacior Pequeno", que nos trasladou nos seus contos á Galicia máis sobrenatural e misteriosa, contando historias de tradición oral, recollidos nas comaracas de VAL DO DUBRA, BERGANTIÑOS, A LIMIA e a súa ULLOA natal.

Amais, os alumnos e alumnas de 6º por enteiro foron CONTACONTOS de altura! Velaquí unha achega das súas grandes habilidades! GRAZAS POR ESTA DIFERENTE E SORPRENDENTE XORNADA!!!