26/12/13

Visita de Papá Noel.

O último día tivemos unha gran sorpresa: chegou Papá Noel, acompañado de tres trasniños con moita música.


Estivemos os nenos e nenas de infantil, de 1º e de 2º e poidemos deixar todas as nosas cartas...seguro que onte moitos xa recibíchedes o que lle pediades nelas.
Pois aquí quedan as fotos dese momento tan especial para eles e tamén para nós.



Traballiños de Nadal

Nestas datas  tod@s @s nen@s teñen desexos de decorar o cole con diferentes motivos...dende os máis pequeniños ata os maiores...pois unha mostra deles quedan eiquí.




20/12/13

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL

Moitas grazas polas felicitacións recibidas polo tríptico sobre as recomendacións das lecturas para o Nadal.




Desexamos  que disfrutedes delas.
Para mais información deixamos unha presentación onde podemos afondar no contido dos diferentes libros.





 

Aproveitamos para desexarvos un feliz Nadal e un próspero ano 2014 no que sexan cales sexan as circunstacias, vivamos con ilusión e sigamos con ganas de APRENDER.
Un abrazo dende este lugar máxico, chamado XANELA.

17/12/13

audiolibro do principiño








O APALPADOR

O APALPADOR...


É un home grande, groso, barbudo e chega nas noites de Nadal e Fin de Ano. Pero non é Santa Claus ou Papa Noel. Tampouco ten nada que ver cos Reis Magos, aínda que todos eles comparten un fin común: alegrar os máis pequenos da casa. O 'Apalpador' é unha figura mítica das montañas do oriente galego.



O 'Apalpador' vive na montaña, dedicado a facer carbón. É un xigante que usa boina, unha chaqueta vella e remendada, fuma en pipa e aliméntase con bagas salvaxes e da carne de xabaril que caza no monte. Esa é máis ou menos a imaxe que teñen del os máis vellos das bisbarras do Cebreiro, Courel, Louzara e, mesmo, Ancares, que recordan as historias que lles contaban os seus avós.

 Segundo a tradición, o 'Apalpador' baixaba aos vales para "palpar" a barriga dos máis pequenos e deixarlles castañas en caso de que estivesen moi fracos.
VARIOS CONTOS PARA ESCOITAR E VER.



SE QUEREDES INVESTIGAR UN POUQUIÑO MÁIS PODEDES FACER ESTE LIBRIÑO HOLMES...APRENDEREDES E TAMÉN VOS DIVERTIREDES...DE 6 A 8 ANOS.
http://issuu.com/ratomik/docs/ciclo1apalpador

NADAL LIM


http://www.chiscos.net/almacen/lim/nadal1/lim.swf?libro=nadal.lim
libro Lim do Nadal


XA CHEGA O NADAL



PREME NA IMAXE E ATOPARÁS UN MONTÓN DE RECURSOS da coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística   PARA DISFRUTAR NO COLE OU NA TÚA CASA.

.http://coordinadoraendl.org/nadal2013/index.php 


12/12/13

Un nadal de principiños

Xa estamos no Nadal e polo cole o ambiente xa se percibe.
Na Xanela hai moito movemento e temos unha proposta para reflexionar nestes días a partir dun libro moi especial O principiño.
Deixamos algún datos de interese:

O Principiño (en francés Le Petit Prince), publicado en 1943, é a novela máis famosa do aviador francés Antoine de Saint-Exupéry, que escribiu mentres se hospedaba nun hotel de Nova York. É un conto filosófico, moi poético que, baixo a aparencia dun conto infantil, aborda temas tan profundos como a vida e o amor, a morte, a amizade, as actitudes e as preocupacións da vida.

Nas conversacións entre o narrador e o principiño, o autor revela a súa propia visión sobre a estupidez da humanidade e a sinxela sabedoría que os adultos semellan esquecer cando medran.

A obra está igualmente ilustrada polo propio autor. Os seus debuxos, sinxelos e dun estilo se cadra algo infantil, son tan célebres como o libro mesmo.

O Principiño foi traducido a 180 linguas e dialectos. Ata o momento, vendeu xa máis de 50 millóns de copias en todo o mundo e tornouse nunha serie de debuxos animados de 39 episodios. Moitas veces é empregado como lectura para os que comezan a estudar unha lingua estranxeira.
http://www.slideshare.net/red_escolar_esg1/el-principito-en-imgenes
 

NELSON MANDELA

"O pasado 5 de Decembro deixounos  en Johannesburgo e a idade de 95 anos NELSON MANDELA.O primeiro mandatario negro do país tiña á súa disposición un cóctel seductor e irresistible composto dun encanto infinito, nacido dunha inmensa seguridade en si mesmo, uns principios inflexibles, una visión estratéxica e un pragmatismo absoluto."
JOHN CARLIN. O PÁIS


Nelson Mandela naceu en 1918 en Sudáfrica, o país máis meridional do continente africano. Este home viu e fixo moitas cousas durante a súa longa vida, pero todo o mundo o coñece por pasar máis de vinte e sete anos en prisión por defender a igualdade entre negros e brancos no seu país. A esta reivindicación déuselle un nome, a loita contra o apartheid.Dende a Xanela queremos lembralo, e falamos dun libro: OS MEUS CONTOS AFRICANOS, nos que podemos imaxinar unas paixases exóticas,perigosas ou máxicas que percorren Áfricade norte a sur, en países como Marrocos ou pobos como os Nguni, Namaqualand ou os Xhosa. Os regalos do Rei León, Mmadipetsane, a Princesa das Nubes...son algún dos títulos dos contos que NELSON MANDELA recolle neste magnífico libro.
ediciones siruela




 

03/12/13

CARLA E MICHELLE NA XANELA

Moitos parabéns a Michelle e a Carla, de que leron o venres pasado, este conto titulado ANDRÉS CABEZ ABAJO" do que podes saber máis clicando no título e que te leva a páxina da editorial OQO  onde podes ler un pouco máis, si por algún motivo, foi imposible escoitar a estas dúas marabillosas nenas.