30/05/13

Un gato na árbore

Hoxe rematamos as sesións de lectura en voz alta cos alumnos de 6º: Moncho, Ana, Ainhoa e Marcela que nos fixeron gozar co conto titulado UN GATO NA ÁRBORE.
Fixérono  moi moi requetemiau de ben...moitos parabéns aos catro.


                                                   
Un gato cando está a ser perseguido por un can, sobe por unha árbore moi alta e logo non é quen de baixar. Os que pasan á beira da árbore soben coa intención de axudalo; pero a cousa complícase cada vez máis e a solidariedade de bombeiros, veciños e parentes acaba por ser un obstáculo para a árbore, que xa non soporta tanto peso…

A ilustradora francesa Géraldine Alibeu amosa unha orixinal e eficaz maneira de tratar a horizontalidade e a verticalidade dos espazos, tirando todo o proveito posible á dobre páxina do álbum. Presenta os fondos planos, con moi poucos elementos co fin de concentrar a atención sobre os personaxes e o que a eles lles acontece. Géraldine Alibeu combina no seu traballo a pintura e colaxe e xoga cunha paleta de cores moi matizada, afastada das cores primarias.


28/05/13

Georges Méliès


Lembrades a película de Georges Méliès, que puxemos nos cortos de entroido nun dos obradoiros???
Pois, o  vindeiro 5 de Xuño, no teatro Colón, podedes ver o CINE-CONCERTO GEORGES MÉLIÈS.
Volve o (S8) e faino con máis forza que nunca cunha cuarta edición cargada de novidades. A mostra inaugurarase cun espectáculo inédito en Galicia no que os descendentes de Georges Méliès emprenden una viaxe xunto aos espectadores ás orixes da ficción cinematográfica. Títulos como EL HOMBRE DE LA CABEZA DE GOMA, BARBA AZUL ou a arquicoñecida VIAJE A LA LUNA, componen unha sesión que revive as primeiras proxeccións do cinematógrafo no París de prinicipos do século XX. A narración orixinal, deseñada polo propio Méliès, está interpretada pola súa bisneta MARIE-HÉLÈLNE LEHÉRISSEY. O seu tataraneto, LAWRENCE LEHÉRISSEY, acompaña ao piano cada unha das pezas.

LEMBRADE...MÉRCORES 5 DE XUÑO
HORARIOS: 20:30
 







 
PRENSAPRENSA

24/05/13

A VELLA QUENLLA PERDE OS DENTES



LECTURA DE  BREIXO E AGUSTÍN DE 4º: A VELLA QUENLLA PERDE OS DENTES
Agustín e Breixo, de 4º, leron o conto da quenlla que disfrutamos coma sempre na Xanela. 

"No máis fondo do mar vivía unha quenlla branca, gorda como unha balea, que de vella que era xa non lembraba a súa idade. Como era moi despistada, unha noite pegoulle tal mordida a unha pedra, confundíndoa cunha saborosa madalena, que alá lle foron os dentes..."


A BUFANDA DE DONA MELOSA



Dona Melosa era unha abella moi anciá que se aburría moito. Mentres as mozas saían todas as mañás a traballar fóra da colmea, ela non sabía que facer.
Cansa de estar aburrida, foi comprar la para tecer unha bufanda. Comprou un nobelo de cada cor e como eran tantos fixéronlle unha casa para ela soa no medio do xardín, co tellado vermello e as paredes de mel. Alí tecía día e noite unha bufanda enorme que saíu da casa e mesmo cubriu todas as flores. Entón as abellas non encontraron o néctar para fabricar o mel. Ela seguía tece que tece e a bufanda cubría xa os xardíns veciños e tapara algunhas rúas da cidade.
Por iso as abellas decidiron regalarlle a bufanda á lúa, que sempre tiña cara de frío. Pero dona Melosa seguiu tecendo: xerseis subidos para as xirafas e medias para os flamencos.

Patricia de 6º, fixo unha excelente lectura para o disfrute de pequenos e grandes...moitas felicidades!!!!


21/05/13

Aplicación "diverbolaño"

 
Que sorpresa!!!Grazas, Susi, por participar na actividade...como es a primeira que a fixo, es a primeira en aparecer...un xeito simpático de lembrar a figura do fabuloso Roberto Vidal Bolaño.
A ver quen mais se anima...con moitos podemos facer un collage.



18/05/13

Unha aplicación moi divertida




Esta aplicación sobre o día das letras galegas é un experimento que  fai chus.info, sen ánimo de lucro. Non se gardan nin imaxes, nin dato algún dos usuarios. E un xogo. Se queredes podedes enviarme as fotos que fagades a este correo: isicarricarte@gmail.com e logo facemos un collage con elas...bicos.






17/05/13

Actuacións nas letras galegas

O xoves celebramos no centro, unha serie de actividades para conmemorar o día das letras galegas. Os nen@s de educación infantil compartiron un poema e una canción. Os rapaces de , relacionaron o seu traballo co proxecto do cine e para homenaxear a Bolaño, dado que foi un home que dobrou moitas películas, fixeron unha dobraxe da escena do CAMAROTE, da película dos irmáns Marx "unha noite na ópera". Un traballo difícil que fixeron de maravilla e con gran ilusión e esforzo. Os alumnos de interpretaron a obra de ELMER que próximamente van representar no concurso de teatro e que foi como un preludio ao que lles espera a finais de Maio.  Os alumnos de explicaron aos seus compañeiros o significado das LETRAS GALEGAS, e Marcos rematou a actuación interpretando co clarinete unha peza do noso folklore. Os de , coa axuda do papá de Susi e de Juan, xunto cun compañeiro, Pedro, fixeron un telexornal adicado a Bolaño, e tamén buscando a relación co cine, aprenderon aspectos técnicos do son, da iluminación, da dirección, utilizaron as claquetas, aprenderon guións, fixeron varias tomas, de interior, de exterior, e ademáis, exerceron de actores, actrices, presentadores, reporteros...unha experiencia inolvidable. Os alumnos de adicaron un magnífico rap a Roberto Vidal Bolaño, cunha base musical fantástica, un ritmo pegadizo e un baile contaxioso. Dende a Biblioteca Xanela,MOITOS PARABÉNS!!! a todos. Felicitamos a  alumn@s, profesores, familias... polo traballo realizado.

08/05/13

LETRAS GALEGAS...

ROBERTO VIDAL BOLAÑO...
Lembrade que hai varias entradas sobre o noso autor homenaxeado.Se non sabes en que data están só tes que ir a columna da dereita, cara abaixo e buscar en ETIQUETAS, o título de LETRAS GALEGAS 2013.
 Para saber máis clica no seu nome e atoparás outra páxina que fala del.






07/05/13

ANXO MOURE..UN CONTACONTOS SOLIDARIO

Este luns, día 6, na Xanela o 1º e  o 2º ciclo disfrutamos dunhas sesións de CONTACONTOS  realizada por ANXO MOURE, o autor do conto “O carballo con botas”, que conseguiu, grazas á maxia dos seus contos solidarios, prender nos rapaces e rapazas a necesidade  de reciclar, de coidar o medio ambiente, de amar a natureza, de evitar os incendios forestais...
Todos os nenos e nenas  recibiron con entusiasmo a este contacontos que con gran mestría nos transmite fermosas mensaxes. MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS UNS MOMENTOS TAN DIVERTIDOS!!

03/05/13

as dificultades son algo negativo?

Hoxe, a lectura da Biblioteca a fixeron Cris e Isi. Foi a lectura do conto titulado O CAZO DE LORENZO, do que xa colgamos un fermoso vídeo. Asistiron bastantes nenos e foi un momento diferente.
Quizais, a principal sentenza que se esconde entre as súas letras, é que as persoas con dificultades, que neste caso simula o cazo vermello, non teñen por que querer desfacerse dela, é dicir non teñen por que vela como un estorbo ou unha molestia. É certo que, ás veces, impide realizar unha vida normal pero é moito mellor, sobre todo para eles mesmos e as súas familias, que intenten levalo de forma creativa en vez de crear unha continua loita, aínda que non sempre resulte tan sinxelo, así como Lorenzo acaba levando o seu cazo vermello metido nun bolso, o cal lle permite superar os obstáculos que antes encontraba dunha forma menos complicada. Se dedicamos o tempo suficiente a ver a minusvalidez como todo o contrario, é dicir, como algo intrínseco da propia persoa, nos será moito máis sinxelo axudar aos que conviven con ela na súa adaptación e inclusión no mundo actual. E, ademais probablemente, terán unha maior autoestima que lles permita, así mesmo, levar unha vida plena e feliz.

Por que a dificultade vai normalmente asociada a algo negativo? Por que cremos, de forma estereotipada, que aquelas persoas con dificultades non poden, ou si pero de forma máis dificultosa, facer o mesmo que os demais? Como ben explica o conto, a miúdo as persoas externas só ven o cazo vermello que leva Lorenzo, e é información abondo como para que poidan crearse ideas erróneas. Creo que, os que non coñecen este mundo de preto, se perden algo extraordinario e digno de explorar porque descubrirían aquí cousas inimaxinables.

Debido, precisamente, ao que viñamos comentado, o vídeo déixanos unha frase conmovedora ao final: "Moitas veces ignoreite por medo, por non saber como tratarte, por non me equivocar, pensando que Deus se equivocara... Creía que vivías triste, sen esperanza, e cheo de sonos inalcanzables. Pero ti ensináchesme que: Ris, choras, bailas, tes sonos, xogas... posúes capacidade de superación... me ensinaches a ver que es como eu
(Autismodiario.org)

agradecementos

Hoxe quero aproveitar para darlle as grazas, en especial, a Anna Schmelz, por todos os comentarios, tan bonitos e tan ben expresados que deixou na Xanela.A ela e tamén a tod@s @s que participades.
As veces, Lusca, bota de menos que lle digades cousas...é moi doado dicir o que sentes cando escoitas unha lectura dos teus compañeiros, ou comentar un vídeo que te chama a atención ou, como di Anna, facernos partícipes a tod@s da ilusión que che fai concursar no certame XANELA, e ter xa un premio que o valoras tanto coma ela, que o ten na súa habitación.
Tamén, aproveito para dar as grazas a tod@s @s rapaces que hoxe deixaron de ir ao patio e disfrutar deste precioso sol, para vir á Xanela e disfrutar doutro sol...o sol que nos fai brillar a todos, converténdonos en personas ESPECIAIS  que axudamos a levar os cazos das persoas que nos rodean facendo así deste mundo, un MUNDO MOITO MELLOR.