Hoxe,coma en anos anteriores, no cole, tivemos unha visita moi especial: OS OLEIROS.
Os oleiros de Buño son artesáns que manteñen a tradición da olaría en Buño, un dos centros máis importantes na produción cerámica de Galicia.
A tradición remóntase ao século XVI, aínda que posiblemente xa traballasen o barro dende moito antes.
Actualmente seguen en funcionamento varios fornos do século XVIII, producindo pezas que se distinguen polo seu aspecto vidrado. Tal acabado aplícase cun pincel fino e ten por finalidade impermeabilizar o barro.
(wikipedia.org)
Disfrutamos moito con Pepe e Julio, que fixeron traballar os "matapiollos" e as pernas dos máis altos...
Aquí tendes unha pequena mostra do seu traballo.
15/05/12
O ARCO DA LÚA
Sara e Paula de 4º contaron este venres pasado unha bonita historia...
Cando o sol aloumiña a choiva, nace o Arco da Vella, que concede un desexo a quen salta as súas cores. Sete animais soñaban con cambiar de vida e estaban dispostos atravesalo. O gato quería mudar de miañar porque daba risa e brincou a cor vermella. A cobra estaba cansa de arrastrarse e quería voar, así que cruzou a cor laranxa. A toupa aburríase e quería vivir na praia, así que se arrastrou ata a cor amarela. A cebra sentíase ridícula coa monótona moda de raias e gallopou a cor verde. O peixe non aturaba aos seu veciños e pedíu unhas patas para buscar outros camiños saltando a cor azul. A lagarta abafaba de tanto tomar o sol e consideraba fascinante converterse en peixe, co que moveu o seu rabiño ata o anil. A xirafa estaba farta de non atopar talla especial polo que se agachou onda o violeta. Pero ás veces, entre os soños, aparece un pesadelo. |
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop
system - Yualah
O RATO EXPLORADOR
A sorpresa do venres foi que a lectura a fixeron dúas nenas de dous cursos distintos: Alba Mosquera de 4º e Carlota de 3º.
Foi moi divertida e con moitos debuxos preciosos do rato e animais da selva.
Deíxovos as fotos...que as disfrutedes!!!
Foi moi divertida e con moitos debuxos preciosos do rato e animais da selva.
Deíxovos as fotos...que as disfrutedes!!!
O venres 27 de Abril, último venres do mes, a lectura en voz alta fixémola na aula de Música, e foi todo un éxito: dunha banda o conto que nos leron Natalia e Iria de 2º, titulado "Vestida como o arco da vella" que trata de que se un día te vistes con roupa de cores, entón poderás saltar á corda, co arco da vella collido das mans. Doutra banda, foi un éxito ver a cantidade de nenos e nenas que estivéchedes escoitando esta lectura. Gracias polas vosas visitas, sobre todo este venres no que a Xanela aínda está a "secar".
Seguimos na aula de música!!!! Ata o venres 4, con NOVIDADE: Lectura de dúas nenas de cursos distintos!!!sorpresa...quen será?????
Seguimos na aula de música!!!! Ata o venres 4, con NOVIDADE: Lectura de dúas nenas de cursos distintos!!!sorpresa...quen será?????
02/05/12
Ola!
Aquí déixovos un enlace para que poidades saber máis do noso homenaxeado das letras galegas 2012. Nesta páxina podedes saber cousas da súa vida, ver os libros que escribiu e os que escribiron sobre el,onde hai exposicións, é dicir, é a páxina oficial de Valentín. Podedes ver algún video...é un enlace moi completo, especialmente para os do 3º ciclo e profes.
Tamén tendes un enlace no que ides atopar unha serie de actividades LIM sobre Valentín, que fixo Filomena Manzano Laso, (gracias por facela e compartila) e que vaivos gustar moito.
Para infantil, deixamos o enlace do Seminario de Galán para xogar en liña e aprender un montón.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)