26/04/12

NOVAS de fin de Abril

Ola a tod@s :
Son Lusca e quero dicirvos que estamos xa a punto de entrar no mes de maio. Por que vos digo isto? Porque neste mes temos moitas actividades que teñen que ver coa nosa lingua e cultura.
Este ano, o
poeta, ensaísta e empresario Valentín Paz Andrade (Pontevedra 1898, Vigo 1987) será o homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2012, tal e como acordou días atrás o plenario da Real Academia Galega (RAG) por maioría.

A elección fíxose entre preto duns 20 nomes que saíron á palestra do plenario da máxima institución da lingua galega e que se prolongou durante máis de tres horas, segundo confirmou a Europa Press o secretario da academia, Xosé Luis Axeitos.

A polifacética vida de Paz Andrade, pola súa importancia no mundo do periodismo, a literatura e ensaio, e a súa "capacidade empresarial", pesou na valoración dos académicos para homenaxear  esta figura, da que a RAG destaca "o seu compromiso co país".
                                                           (Nota de prensa do Correo Galego)








Deíxovos un enlace sobre un INFORMATIVO que realizaron uns alumnos do CPI dos Dices, que repasa a vida e a obra de Valentín Paz Andrade e no que fala o seu fillo. Se facedes clic na palabra informativo o podedes atopar.

18/04/12

AÍNDA QUE CHOVA, NÓS SEGUIMOS A SOÑAR...

Ola a tod@s,
Hoxe foi un día complicado no cole e sobre todo no espazo no que vivo e disfruto todos os días coas vosas visitas, na Biblioteca, na Xanela.
Algúns de vós xa sabedes que debido á cantidade de chuvia que caeu hoxe sobre a nosa cidade, entrou moita auga na Xanela e molláronse as librerías, os estantes e algúns libros, sen embargo, non pasou nada que non se poda resolver ou que impida que sigamos disfrutando dos libros, da lectura, da maxia...eu son Lusca! e xa vedes o meu sorriso!
Estou agradecida porque debido ao que pasou hoxe dime de conta do moitísimo que me queredes... non é que non o soubera, que o sei...e que encántame recibir mimiños e os rapaces de 4º me fixeron unha carta chea de corazóns e dedicatorias, co seu ánimo!!! Gracias.
XANELA é unha palabra preciosa que significa "abertura feita nunha parede para deixar pasa-la luz e o aire" , e xa se sabe que... despois das tormentas sempre sae o sol e luce un fermoso arco da vella cheo de cores. Enseguidiña esta nosa Xanela abrirase de novo para
todos vós con renovadas ilusións, compromisos, implicacións, ánimos, sorrisos, lealtades dos nosos queridos axudantes, participacións dos profes, dos alumnos, incluso dalgún deses duendeciños que andan gastando algunha que outra trasnada. Xa veredes!!!!
Por certo! díxome Isi, que este venres ían ler Iria e Natalia de 2º, un conto precioso, e claro! con todo esto temos que deixalo para o venres que ven. Xa vos dirá ela o que imos facer coas lecturas en voz alta do venres, de acordo?
Mándovos un bico moi agarimoso. LUSCA.
En situacións de dificultade, como tod@s sabedes, é moi importante sentirse respaldado, por elo, Xanela quere AGRADECERVOS a TOD@S os que con tanta xenerosidade, participáchedes e contribuíchedes a evitar que esta grande molladura, quedase nun leve catarriño, con algún que outro estornudo, en lugar do que se presumía unha gran pulmonía.

13/04/12

A CAIXA DO TESOURO

Hoxe foi o primeiro venres de lectura en voz alta despois da Semana Santa e nos estreamos cun conto titulado A CAIXA DO TESOURO e que nos leron catro rapazas de 3º, Susi, Fabi, Raqui, e Mori, como lles gusta a elas que lle chamen os amigos.
Houbo moito público e como sempre os nosos queridos nen@s de infantil, dende a clase de Ana, seguindo pola de María José e rematando pola de Marica…hai que ver cómo se portan de ben estes neniños!!!

Bueno, seguindo co conto, dicirvos que trata dunha pobre viúva con tres fillas que recibiran como única herdanza da súa nai unha caixa, coa advertencia de non abrir ata ser anciá, pois pola contra o seu poder desaparecería. Cando as fillas o souberon, atendérona moi ben na súa vellez ansiando ser donas daquel tesouro: a maior, Rosalinda, facíalle ricas comidas, Salinda, a mediana, mantiña limpa a casa e Linda, a máis nova, cosíalle a roupa.

Cando soamente quedou Linda, abriu a caixa coas tres chaves e descubriu que dentro só había un papel: sería o mapa dun tesouro?
Efectivamente o era, aínda que unicamente tiña escrita unha palabra:
"HARMONTÍA".
A anciá Linda sabía o importante que fora aquela palabra-tesouro para manter a unión entre as irmás ao longo de toda a vida.



BRANCOS E NEGROS

O pasado venres día 30, foi o último venres do mes antes das vacacións de Semana Santa e tivemos a sorte de escoitar na lectura en voz alta a tres nenas de 2º, Eila, Daniela e Laura, contarnos unha historia titulada “BRANCOS E NEGROS”

Este conto é de DAVID McKEE que é un escritor británico que ademáis fixo os debuxos do conto e seguro que o coñecedes todos porque é o creador doutro conto moi bonito que é ELMER, outro elefante de cores inspirado na obra do pintor Paul Klee.

Esta historia cóntanos que hai moito tempo, todos os elefantes do mundo eran brancos ou negros, e odiábanse entre si. A guerra non tardou en estoupar e, durante tempo e tempo non se volveu a ver ningún elefante sobre a Terra, ata que un día saíron da selva os netos dos elefantes amantes da paz…