21/02/11

A lectura de Iria e Laura

Laura e Iria leron o pasado venres na biblioteca. Un libro precioso "Cal é a miña cor?" Houbo unha cantidade de público impresionante, nada máis e nada menos que 55 nenos e nenas que preferiron escoitar unha lectura no tempo de recreo.
Moi ben, Laura e Iria!

12/02/11

12 de febreiro. Día Darwin

Hoxe conmemórase o 202 aniversario do nacemento de Charles Darwin. Charles Darwin era un naturalista inglés que co seu traballo nos descubriu a evolución das especies.
Pois ben, os Museos Científicos Coruñeses celebran o Día Darwin coa presentación da súa primeira exposición web MisterDarwin.eu. A nova web será un recurso on line sobre a teoría da evolución e o seu autor e está vinculada á exposición "O asombro de Mister Darwin" na Casa das Ciencias. Máis información neste enlace.
Unha boa opción tamén é ir visitala coa familia. Xa nos contaredes!
Por certo, hai un libro precioso, "La evolución de Calpurnia Tate" no que a protagonista, Calpurnia, se sinte marabillada coas teorías de Darwin e intenta aprender todo o que pode sobre as especies coa axuda do seu avó. Pode ser unha fantástica lectura para os de terceiro ciclo.
Para empezar ide vendo este vídeo sobre Darwin e a teoría da evolución

03/02/11

DÍA DA PAZ 2011. O CONFLICTO DA AUGA

O pasado 30 de xaneiro conmemorouse o Día Internacional Escolar pola Paz e a Non-Violencia. No noso centro estivemos e estamos a traballar ao redor deste día cun tema moi especial e importante para todos nós, a auga.
A auga é o tema do noso proxecto de biblioteca pero estes días quixémonos centrar na auga como problema, como fonte de conflictos.
Par ter unha información máis ampla sobre o que estivemos a facer podedes consultar a wiki "proxectos biblioteca Xanela". O máis importante é que tomamos conciencia de que vivimos nunha zona privilexiada do planeta onde temos auga de abondo pero que noutros lugares a auga é moi escasa.
Buscando inspiración no mundo do cine atopamos unha idea estupenda na película "También la lluvia" de Icíar Bollaín e todos levamos para as casas un pequeno agasallo: unha botelliña de auga cunha etiqueta que nos recordará esta actividade e o máis importante, que a auga é un tesouro.
Aquí tedes as fotos dos murais que se fixeron para recordar este día.