23/04/10

FANTÁSTICO DÍA DO LIBRO!

Que ben o pasamos hoxe e cantas cousas aprendimos! Todo o colexio estivo en movemento esta mañá! Foi deses días que che gustaría que se repetisen unha morea de veces.
Xa sabedes que lle adicabamos o Día do Libro á figura de Rosalía de Castro porque se cumplían 125 anos dende o seu pasamento. Todas as aulas fixeron un traballo espléndido: murais, recital de poesías, dramatizacións, xogo da oca, unha web para a nosa intranet, cancións, un xogo de relacionar... E todas esas cousas as presentamos hoxe na Biblioteca do cole ou nas aulas. Todos pasamos por todas partes! O máis bonito foi ver a mestura de niveis e cómo os maiores axudaban aos más pequenos a resolver os misterios... Ou ao revés! E hai que ver todo o que aprendimos sobre Rosalía!
Tamén fixemos unha chea de fotos. Aquí vos deixamos unha mostra! Nos vindeiros días colgaremos máis no álbum. Estade atentos!


22/04/10

Rosalía no noso cole!

Hoxe tivemos unha visita moi, pero que moi especial! Nada máis e nada menos que ROSALÍA DE CASTRO! Si, si, así como o estades a ler. E a de cousas que nos contou! Falounos da súa vida, dos seus fillos, da súa poesía, de cómo botaba de menos Galicia cando tivo que marchar fóra... Tamén cantamos con ela algún dos seus poemas. E aínda fixemos caligramas con algúns dos seus versos!
Todo isto na nosa biblioteca. Estabamos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º e moitas mestras acompañando esta actividade promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do concello.
Mirade, mirade as fotos!

14/04/10

Traballando a Rosalía


O vindeiro 23 de abril é o Día Internacional do Libro. No noso centro aproveitamos estas datas para investigar e afondar sobre a vida e obra de Rosalía de Castro xa que este ano se cumpren 125 anos do seu pasamento.
Todas as aulas están a facer un traballo sobre a autora que amosarán aos demais compañeiros o 23 de abril. Temos moita curiosidade por ver o que están a facer!



Deixámosvos aquí algúns enlaces que vos poden axudar:
Rosalía na wikipedia
Web da Fundación Rosalía de Castro
A súa obra
Webquest sobre Rosalía (3º ciclo)
Blogue Son de Poetas
Webquest sobre o Día do Libro
Outra webquest sobre o Día do Libro