14/03/10

Os pequeniños de Educación Infantil tamén len!

Un grande acontecemento na nosa biblioteca Xanela! Por primeira vez, na actividade de Lectura en Voz Alta, son os alumnos e alumnas de 5 anos os encargados da lectura no recreo. E hai que ver o ben que o fixeron! Non só leron estupendamente senón que ademais nos trouxeron as súas propias ilustracións do conto "Queres xogar comigo?" Que non o credes? Pois non tedes máis que mirar as fotos! Proximamente colgaremos o vídeo. Estade atentos!

O vagalume da Torre


Se queredes saber cómo foi esta actividade ide ao blogue de 6º, "Enredando"; alí dase boa conta de todo o que aconteceu na Casa dos Peixes o pasado venres.

10/03/10

Un xornal especialmente para vós!



"El gancho" é un xornal feito especialmente para rapaces e rapazas entre 7 e 12 anos. Ten de todo: noticias de actualidade, chistes, xogos... Ata podes consultar o tempo que vai facer! A partir de agora terás que seguirlle a pista se queres estar "al loro".

09/03/10

Navegación segura pola rede


Xa sabedes que navegar por internet é unha ferramenta estupenda coa que podemos aprender un montón de cousas pero tamén hai que coñecer os seus riscos. Con este xogo que atopei no blogue Educación tecnológica seguro que aprendemos algunhas cousas interesantes