26/02/10

Hoxe len Marcela, Ainhoa, Jenny, Laura e Cristian

Unha lectura marabillosa sobre un pequeno rato de biblioteca, Guillermo. Daba gusto velos lendo, facendo os xestos... Ademais fantasticamente ilustrado por unha chea de murais sobre o tema. Noraboa, rapaces! Por certo... Os asistentes foron nada menos que 35 nenos e nenas dos diferentes cursos. Todo un éxito!

22/02/10

LEMOS NA BIBLIOTECA

Esta vez foron Milka, Carolina e Pablo os lectores da semana. Prepararon unha lectura preciosa, "El lugar más bonito del mundo", sobre Juan, un neno de Guatemala, que aprende a ler el soíño e está desexando ir á escola. Ademais Milka, Carolina e Pablo, coa axuda dalgúns compañeiros da clase, prepararon varios materiais para ilustrar a súa lectura.

09/02/10

A REGUEIFA... E ISO QUÉ É?

Pois se queredes averiguar algo máis sobre esta tradición oral galega consultade o enlace de Vieiros onde se explica con detalle. Ata veredes unha comparación co rap... Animádevos!

08/02/10

FOTOS DA ENTREGA DE PREMIOS

Algunhas fotos da entrega de premios do Certame Falamos no que o noso centro obtivo o primeiro premio. A presentación do acto foi a cargo de Xoan Costa, presidente da AS-PG. Algúns nenos e nenas de 5º e 6º fixeron unha demostración da actividade "Fiadeiros", na que falaron sobre a nosa cidade. Tamén contamos coa actuación dun cuarteto de Cantigas da Terra.

03/02/10

CADEA HUMANA POLA PAZ

Aquí tedes as fotos da actividade da cadea humana do pasado venres. A verdade é que non tivemos moita sorte co tempo! Tamén vos deixo algúns enlaces nos que podedes ver as fotos e o vídeo da organización.