Esta mañá fíxose pública a relación de gañadores do
I Concurso de Lectura en Voz Alta "Ler e escoitar". Había moita expectación e nervios. Os nomes anunciáronse na sesión de contacontos á que asistiu terceiro ciclo con motivo da celebración do Samaín.
A gañadora da modalidade individual é
AINHOA VÁZQUEZ SÁNCHEZ, de 6º curso e os gañadores da modalidade de grupo son
MIGUEL LÓPEZ CUESTA e
ROBERTO LARA MÍGUEZ, de 5º curso. Como premio polo seu traballo entregóuselles un agasallo, un libro.
Os vídeos coas súas lecturas xa están enviados a Santiago. Agora a esperar os resultados desta nova fase!
Aos que non resultaron seleccionados moitas grazas pola súa participación. Todo o colexio está orgulloso do traballo que levaron a cabo.
NORABOA OUTRA VEZ AOS GAÑADORES!